Los recuerdos no son deliberados, como atestiguan las múltiples formas en las que podemos intentar recordar el nombre de un conocido por la apariencia, cuándo lo vimos por última vez, la inicial de su nombre y una multitud de claves posibles. La investigación sobre la memoria ha avanzado mucho desde Descartes, pero todavía estamos lejos de responder a las preguntas de San Agustín. Incluso si lográsemos catalogar todos los cambios bioquímicos y fisiológicos seguiríamos sin poder captar las características específicas y la experiencia subjetiva de la memoria. Todavía está por ver si los neurocientíficos del nuevo siglo serán capaces de resolver ese misterio.
Steven ROSE
Non sei onde deixei as chaves do coche, como se chamaba esa rapaza?, e iso que fun con ela a clase, mama viches o meu teléfono, esquencin o cargador en Santiago, a que hora era a peli?. Estas son moitas das frases que podedes escoitarme dicir a miudo. Esquecer é unha acción involuntaria que consiste en deixar de lembrar, ou de gardar na memoria, información adquirida. A miúdo o esquecemento prodúcese pola "aprendizaxe interferente", que é a aprendizaxe que substitúe a un recordo non consolidado na memoria, e desaparéceo" da conciencia. Debemos lembrar que un lembra que esqueceu algo, é dicir que sabe que tiña un coñecemento que xa non está alí, por tanto os recordos esquecidos non desaparecen, senón que son sepultados no inconsciente.
Existen outros tres tipos de esquecemento: esquecemento traumático, psicolóxico e fisiológico. O esquecemento traumático é amnesia causada por golpes na cabeza, que poden xerar amnesias de distintos tipos, por exemplo: esquecer o anterior ao golpe ou a desaparición de recordos periodicamente etc.
O esquecemento psicolóxico, viría ser o esquecemento que é causado por unha alteración do funcionamento psíquico normal. Exemplo: unha enfermidade psicolóxica, hipnosis, etc. é o esquecemento que pode ter alguén que non lembra o sucedido durante unha sesión de hipnosis.
O esquecemento fisiológico é causado por problemas no desenvolvemento de certas partes do cerebro ou sistema nervioso, exemplo: unha formación incompleta do sistema límbico, por exemplo cando un paciente non ten recordos claros da súa nenez.
Bueno eu creo que teño que facer exercicios para que as interconexións entre as neuronas