martes, 17 de marzo de 2009

Que vou comer hoxe?




























A levadura é un hongo microscópico unicelular e diminuto que existe ao redor noso, na terra, nas plantas e ata no aire. O seu uso é tan antigo que adoita ser chamada a planta máis vella cultivada polo home. É importante pola súa capacidade para producir a fermentación de hidratos de carbono, xerando distintas sustancias. Existen diferentes tipos de levadura, pero a maioría das levaduras que se cultivan pertencen ao xénero Saccharomyces.



As levaduras utilizáronse desde a prehistoria na elaboración do pan e do viño. As investigacións arqueológicas indican que o berce do pan moderno foi o Antigo Egipto, dado que, excavaciones en ruínas, atoparon instrumentos para o procesamiento da levadura e cámaras para cocinar pan, así como tamén debuxos de mais de 4 mil anos de antigüidade de panaderías e cervecerías.



Para fabricar o pan, os egipcios utilizaban grans de trigo, pero rápidamente comezaron a experimentar con ingredientes diferentes, por exemplo mel, ovos, sementes e especias. As investigacións indican que realizaban os seus pans de diferentes formas. Algúns destes pans eran desenvolvidos para o consumo cotián mentres que outros eran especialmente cocinados para festas ou rituais.



Aínda que a arte da panificación existiu desde outrora, a aplicación dos resultados da ciencia a estes procesos recentemente comezou en 1676, cando Anton Leewenhoek desenvolveu o primeiro microscopio. Só a partir deste descubrimento foi posible investigar a actuación da levadura na fabricación do pan e noutros procesos.


A miña nai, a mellor cociñeira ó norte de Portugal, ensinoume como facer a masa da empanada. Eu non son boa cociñeira. Como din na miña casa:- ti me coidas moi ben pero facer a comidiña, mellor a túa irmá. E é certo, a enana cociña de marabilla. Eu, logo, para non quedar mal, vou a presumir de algo que sei facer, a ver se vos gusta o resultado. Se queredes, probade a facela. É ben fácil, ata eu podo.


Pizza

Mestura 100 gramos de fariña e a levadura. Entón amasa rápidamente engadindo ó leite (quente) a sal e o aceite necesaria para obter unha masa que sexa consistente e elástica.


Espolvorea esta masa con fariña e déixaa repousar uns 30 minutos cun pano de cociña cubrindoa.


Espolvorea tamén con fariña o mármore da cociña onde vas traballar a masa e usando un rodillo, tamén enfariñado, intenta conseguir unha plancha de masa o mais fina posible dándolle a forma rectangular.


Xa está a masa de pizza, só falta terminala co resto de ingredientes; a salsa de tomate, a mozzarella, atún, tomate fresco, berenjena, anchoas e pemento verde.


Engrasa cun pouco de aceite a bandexa do forno e a cocer.

3 comentarios:

Ana Gesteira Ponce dijo...

Y toda esa pizza gigante para dos??? (bueno, para tres???) Mira que comeis en vuestra casaaaaaa! Podias repetirla e invitar a los de la Picota! jejejeje (viva la autoinvitacion!)

Anónimo dijo...

Umm!Umm!
Que rico rico!
Ah! a min gustame moito moito as túas berenxenas recheas. ¿Para cando a receta?

anonimacrónico dijo...

Soame esa delikatessemmmmmmm